Máster universitario en genómica y genética

Universidade de Santiago de Compostela y Universidade de Vigo

  • NOMBRE: Javier
  • APELLIDOS: Costas Costas
  • INSTITUCIÓN/CENTRO/DEPARTAMENTO: Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS)
    Servizo Galego de Saúde (SERGAS)
  • TELÉFONO DE CONTACTO: 981955452
  • EMAIL: javier.costas@usc.es

Son licenciado en Bioloxía (1993) e Doutor en Bioloxía (2000) pola USC. Actualmente, son investigador do programa Miguel Servet (Instituto de Salud Carlos III) no SERGAS; e dirixo o grupo de xenética psiquiátrica do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. O meu traballo céntrase no estudo das bases xenéticas de susceptibilidade a trastornos psiquiátricos complexos, principalmente esquizofrenia e, mais recentemente, trastornos por abuso/dependencia de alcohol e drogas.

O principal obxectivo do grupo de investigación é o desenvolvemento de ferramentas para a estratificación de doentes en subgrupos mais homoxéneos mediante a utilización de datos xenómicos, tanto en función do nivel de risco como de mecanismos etiopatoxénicos implicados. Esto deberá redundar nun mellor diagnóstico, pronóstico, tratamento e/ou prevención, achegando a medicina de precisión aos trastornos psiquiátricos.

Veño actuando como investigador principal de proxectos de investigación sobre xenética psiquiátrica de xeito ininterrumpido dende o 2006. Teño publicado mais de 60 artigos en revistas científicas (recibindo mais de 4000 citas), incluindo as mais prestixiosas a nivel xeral, como Nature ou Science, ou no eido da psiquiatría (Molecular Psychiatry, Biological Psychiatry). Levo dirixido catro teses de doutoramento e actúo regularmente de avaliador de proxectos para a ANEP e de revisor para múltiples xornais, como New England Journal of Medicine, Schizophrenia Bulletin, Schizophrenia Research ou Journal of Psychiatric Research. Podes atopar mais información na páxina web do meu grupo.

Grupo de investigación

Grupo de Xenética Psiquiátrica

 

Links a información de interés:

RESEARCH
ORCID
Scholar Google

En cumplimiento con la Ley 34/2002, de Servicios de la Sociedad de la Información, le recordamos que este sitio web utiliza cookies con el fin de mejorar nuestros servicios.

Aceptar Más información

BUZÓN DE SUGERENCIAS